CRTVG

Buscar

A socialista María Chivite toma posesión como presidenta de Navarra

Publicado o 06/08/2019 12:46

A socialista María Chivite tomou este martes posesión como presidenta de Navarra, nun acto institucional en que se puxo "á disposición" de Navarra, comprometeu o seu "respecto" a unha comunidade "plural" e apuntou como "reto" a convivencia.

No atrio do Parlamento foral, ante as principais autoridades e representantes de institucións, e de estamentos cívicos, sociais, económicos, educativos e culturais da sociedade navarra, Chivite prometeu "respectar, manter e mellorar" o Réxime foral, "acatar a Constitución e as leis" e cumprir as obrigas do cargo.

Navarra ten goberno do PSOE grazas aos votos do PSOE, de Geroa Bai, Podemos e Esquerda-Ezkerra e o rexeitamento de Navarra Suma e de dous deputados de Bildu, os outros cinco abstivéronse, polo que María Chivite puido converterse en presidenta de Navarra. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí