CRTVG

Buscar

A situación parece que tende a estabilizarse na área sanitaria Ourense

Publicado o 18/10/2020 14:42

Rexístranse novos casos positivos, pero son menos ca onte. Nas últimas 24 horas detectáronse 78 contaxiados máis, pero onte eran case un cento. Estes datos poden facernos pensar nunha estabilización da situación.

Sen ir máis lonxe, na cidade de Ourense baixan por vez primeira en moitos días dos 500 casos activos. Con todo, aumenta o número de persoas hospitalizadas: son 111, e 13 delas precisan coidados intensivos. E hai concellos que continúan en vermello no mapa da Xunta. Son canda Ourense, Barbadás, Verín, O Barco e O Carballiño.

 

Noticias web

18/10/2020