CRTVG

Buscar

A situación en Santiago presaxia máis medidas, mesmo o peche perimetral

Publicado o 20/10/2020 14:37

Máis de 50 novos contaxios diarios, un total de 700 en catorce días. A situación epidemiolóxica da área de Santiago fai presaxiar novas restricións, entre as que non se descarta o confinamento perimetral que xa se aplica noutros concellos galegos.

"Non tivemos ningún problema en tomar medidas desta natureza, porque cremos que é importante anticiparnos e tomalas con tempo e por suposto están na batería de medidas que o comité clínico baralla sempre", explica o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Pero para que as medidas sexan eficaces precisan dunha resposta da poboación.

"Se cada un como individuo facemos as cousas como temos que facelas a colectividade sae beneficiada", engade o titular de Sanidade.

Na rúa dan por feito que haberá máis restricións.

A incidencia do virus na cidade supera xa os 300 casos por cada 100.000 habitantes.

Noticias web

20/10/2020