CRTVG

Buscar

A situación do Segura obriga a novos desaloxos na Comunidade Valenciana

Publicado o 15/09/2019 15:11

• Andalucía valora os danos do temporal e o Goberno anuncia axudas

• A forte chuvia converte a lagoa do Mar Menor nun mar de barro

A Axencia Estatal de Meteoroloxía estima que a riada sufrida na Veiga Baixa do Segura é probablemente a máis catastrófica das rexistradas nesta comarca do sur de Alacante en 140 anos.

O tempo mellorou pero o risco continúa. A Confederación Hidrográfica do Segura prevé que o caudal do río vaia baixando lentamente, pero hai que ter en conta que de momento recibe importantes achegas de auga das veigas media e alta, na rexión de Murcia.

De feito, outra rotura no ribazo do río obrigou a evacuar nas últimas horas a pedanía de Heredades, de 200 habitantes, que pertence ao concello de Almoradí, un dos máis afectados polas inundacións.

Tamén houbo que evacuar dous cámpings. Dun deles, situado a poucos quilómetros de Almoradí, desaloxaron de madrugada arredor de 1.500 persoas, ao observar que estaba empezando a entrar auga. O outro, próximo á desembocadura do Segura, evacuárono en previsión dunha posible riada.

O exército, a Garda Civil, Protección Civil e outros servizos de urxencias seguen traballando, ademais, no rescate e atención de persoas illadas nas súas casas.

O presidente da comunidade dixo que serán necesarias axudas de todas as administracións e tamén de Europa para recuperarse das perdas.

O Goberno valenciano vai aprobar o venres un primeiro decreto de axudas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/09/2019