CRTVG

Buscar

A situación de Cataluña influíu no 44% dos votantes do 10-N, segundo o CIS

Publicado o 28/11/2019 14:57

A situación de Cataluña influíu no 44 por cento dos votantes das eleccións do 10 de novembro, segundo o CIS.

Deles, seis de cada dez aseguraron que influía para reforzar a súa opción, mentres que un 7,4 por cento expresaron a súa intención de cambiar o seu voto, e Vox foi o partido máis beneficiado por esa decisión. A enquisa, realizada durante a campaña electoral, tamén constata que se dispara a preocupación pola independencia de Cataluña. Tras a sentenza do procés e os disturbios, dous de cada dez enquisados sitúana como principal problema, nove puntos máis ca no barómetro anterior.

Noticias web

28/11/2019