CRTVG

Buscar

A síndrome postvacacional é o compañeiro indesexado dos que volven á rutina

Publicado o 03/09/2018 16:19

Son moitos os que hoxe se enfrontan ao seu primeiro día de traballo tras unhas merecidas vacacións. A volta á rutina non é doada e vén normalmente acompañada por toda unha serie de síntomas que se agochan baixo a chamada síndrome posvacacional. Tomar a volta con calma parece ser o mellor xeito de superalo en poucos días.

E chegou o día. O indesexado momento en que deixamos isto atrás para acostumarnos novamente a isto outro. O primeiro luns de setembro está unido inevitablemente á volta ao traballo.

Un regreso á rutina que non todos levan igual.

A síndrome posvacional afecta unha boa parte da poboación. Moitos coñecen xa os seus síntomas e toman medidas para tentar diminuílos.

Aínda así, hai algúns para os que uns días de descanso é todo o que precisan para volver ao traballo con enerxías renovadas e un sorriso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/09/2018