CRTVG

Buscar

A siderúrxica Megasa produce en horario nocturno pola carestía da electricidade

Publicado o 26/10/2021 08:19
A siderúrxica Megasa produce en horario nocturno pola carestía da electricidade

O prezo da electricidade levou á siderúrxica Megasa a modificar os horarios de produción desde esta semana para limitala ao nocturno, fins de semana e festivos. Produce unhas 300.000 toneladas ao ano de material siderúrxico e a medida vaille supoñer unha redución do 10 por cento.

As previsións da empresa con sede en Narón son permanecer así ata a primavera se non hai modificacións nas tarifas. A compañía mantén o seu cadro de persoal integrado por 130 persoas en dúas quendas.

Noticias web

26/10/2021