CRTVG

Buscar

A sexta Conferencia de Presidentes analizará como afrontar o reto demográfico

Publicado o 11/01/2017 21:09

O Goberno e as comunidades autónomas xa concretaron os asuntos que se van tratar nun cumio que pretende impulsar un novo modelo de financiamento autonómico

A sexta Conferencia de Presidentes analizará unha estratexia común para afrontar o reto demográfico. O Goberno e as comunidades autónomas xa concretaron os asuntos que se van tratar nun cumio que pretende impulsar un novo modelo de financiamento autonómico. A petición de Galicia, ese modelo incluirá un apartado especial para o financiamento da sanidade. 

A Conferencia de Presidentes suporá o punto de partida para o modelo de financiamento autonómico.

Unha comisión de expertos terá que elaborar a proposta nun prazo de tres meses. Incluirá o financiamento autonómico e das administracións locais e a proposta de Galicia, terá un apartado para a Sanidade. 

Na xuntanza preparatoria tamén se avanzou na redacción dos acordos sobre o Pacto pola Educación, unha estratexia nacional para afrontar os retos demográficos e unha comisión de Protección Civil que mellore os mecanismos de coordinación. 

Pero nesta ocasión non estarán todos. Cataluña e o País Vasco non asistiron á segunda xuntanza preparatoria, e non se esperan o martes no Senado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017