CRTVG

Buscar

A serenidade do pequeno Mohamed salvou a súa nai

Publicado o 05/02/2020 21:17

Este é Mohamed. Ten 11 anos e vive en Leganés coa súa familia. O pasado 26 de xaneiro, ao redor da cinco da mañá a súa nai Nabila sufriu un esvaecemento no baño da casa e caeu ao chan golpeandose na perna. O rapaz chamou axiña ao 112.

Total AUDIO Do 112 "Está esperta ou está dormida, está medio dormida, medio esperta, ten os ollos abertos, eh, ás veces pechaos, ás veces abreos, vale non te preocupes que o estás facendo moi ben" "Move o peito, respira, ehh, un pouco si, vale perfecto pois vamos ben" A túa nai agora se a chamas non che contesta,non? non, non me contesta, non te preocupes que imos falar co médico e imos"

Cando a nai recuperou o coñecemento, Mohamed tranquilizouna e díxolle que os servizos sanitarios estaban de camiño e tardaría dous minutos. Tamén tivo que calmar o seu irmán máis pequeno de só seis anos que se asustou ao ver a nai no chan.

Total Mohamed "Cando chamei ao 112 xa se me pasaron os nervios porque me dixeron que nos viñan axudar."

Nabila, que chegou a España desde Marrocos en 2008, explica que xa sufriu esvaecementos outras veces e que o seu fillo sempre queda con ela ata que esperta.

Total de Nabila "Bueno eu sempre lle ensino cando hai unha emerxencia, non só a nos tamén aos veciños, temos que chamar ao 112, e no colexio tamén lle dan charlas"

Mohamed quere ser un empresario dos grandes, ou policía porque lle gusta axudar e admite que se sente un pouco heroe

Total "Un poquito, no tanto"

Noticias web

05/02/2020