A sentenza que considera que os 'riders' son falsos autónomos
Publicado o 27/09/2020 21:27
No eido empresarial e tamén do dereito o fallo da sala do Social do Tribunal Supremo que considera os riders falsos autónomos segue achegando distintos puntos de vista. Sentencia que a empresa usa repartidores que non teñen unha organización empresarial propia nin autónoma. É dicir, que prestan o seu servizo inseridos na organización de traballo, neste caso de Glovo.
En España hai uns 220.000 repartidores para diferentes empresas. A sentenza ven axustizar a demanda dun repartidor de Glovo en Madrid.
Carlos Martínez, licenciado en dereito e presidente dunha escola de negocios, lamenta que este conflito se teña que arranxar pola vía xudicial e non pola vía lexislativa.