CRTVG

Buscar

A sentenza do "procès" resolverá a incógnita sobre o uso da violencia

Publicado o 13/10/2019 14:27

 

 

A sentenza do procès segue acaparando a atención polas incógnitas que resolverá, desde o uso da violencia con finalidade política ata o réxime de prisión ao que poderán acceder os encarcerados.

A notificación inminente da sentenza exporá por que os lideres independentistas non incorreron nun delito de rebelión e fixará doutrina xurídica ao respecto. O que transcendeu é que os maxistrados do Supremo consideran que houbo feitos puntais de violencia, pero non unha violencia esencial empregada premeditadamente como un plan para a independencia. De aí que queden rexeitadas as penas por rebelión cun máximo de 30 anos de cárcere.

Por outra parte, as penas baralladas farían que os encausados teñan a posibilidade de acceder a permisos carcerarios ou a situación de semiliberdade nun prazo relativamente curto, cando teñan cumplida unha cuarta parte da condena.

Noticias web

13/10/2019