CRTVG

Buscar

A senda peonil xunto ao mar entre Barreiros e Ribadeo presenta deficiencias

Publicado o 10/06/2019 14:21

O areal das Catedrais recibe visitas a todas horas, e cando coincide que hai preamar, moitos dos turistas optan por dar un paseo pola pasarela que une esta praia coa de Arealonga, xa no veciño concello de Barreiros. Pero resulta que as proteccións deste percorrido de madeira non son estables en varios tramos, o que fai que o paseo poida resultar perigoso. Ademais, nalgún punto mesmo falta parte da varanda.

"Fáltalle un chisco de mantemento. É certo que está preto do mar, polo que tamén hai que ter en conta que o mar o desfai todo. A pasarela véxoa ben, pero tíñana que coidar un pouquiño máis".

"Este é un lugar magnífico. Merecería un pouco máis de investimento en canto ao mantemento das estruturas".

Por outra banda, parte do paseo está cuberto de maleza. Con todo, os visitantes valoran o feito de que a pasarela que une ambos areais sexa de madeira, por se tratar dun material respectuoso co medio natural.

"Está ben que sexa de madeira. Ten que ser ecolóxico. E si que é moi importante mantelo para que sexa seguro para a xente que veña".

"O comentario que fixemos é que nos encantou como está feito. Para xulgar as cousas moitas veces hai que comparalas co mantemento do que se ve noutros sitios. A pasarela, concretamente a calidade, é boa. Unha man de pintura nunca lle vén mal, pero en principio estou satisfeito. Cando chegamos, un comentario que fixemos foi que nos gustou como están feitas as instalacións en xeral".

O paseo remata no acceso á propia praia das Catedrais, onde as proteccións son de aceiro inoxidable.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019