CRTVG

Buscar

A semente do abrollo pica as rodas das bicicletas no paseo que une O Carril con Vilagarcía

Publicado o 07/08/2019 13:33

Veciños de Vilagarcía quéixanse de picadas nas rodas e feridas nas patas das súas mascotas por mor da semente do abrollo, unha planta que nace a carón da praia Concha-Compostela. A extracción destas plantas ten que facerse de forma manual, polo que os operarios do Concello están a limpar a zona por segunda vez.

Así é como teñen que quitar o abrollo os operarios do concello na praia da Concha-Compostela, no paseo que une O Carril con Vilagarcía. As sementes destas plantas son as culpables de que moitas bicicletas sufran picadas nas súas rodas, ademais de que aos animais se lle craven nas patas.

Isto acontece dende hai tempo e a única forma de erradicar esta planta é de forma manual, pois o uso de maquinaria facilitaría a dispersión da semente. A eliminación do abrollo convértese nunha tarefa lenta e laboriosa, e a súa difícil erradicación fai que sexa preciso tomar precaucións.

Con esta xa son dúas as veces que se loita contra o abrollo este verán, e os veciños de Vilagarcía están convencidos de que non será a última.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2019