A Semana Santa volve ser doce
Hai épocas sinaladas en que os escaparates fascinan os máis pequenos. Este ano a Semana Santa volve ofrecer ese engado nas pastelerías.
"Non hai neno que pase por aquí que non pida que lles compren unha mona. É unha palabra árabe, por certo, e significa obsequio para o afillado", contan na pastelería Tábora de Santiago.
Na maioría de establecementos están preparándose para os días fortes. Aquí decidiron adiantarse e xa comezaron cos doces da Semana Santa.
"Toda a semana vendendo roscóns. Xa estamos rodeados de roscóns por todas partes. Mesmo hai xente que marcha de vacacións e nos reserva o seu".
Din que na fin de semana tocará traballar tamén pola noite para facer todos os roscóns da Pascua dos que estamos a falar. "Moitos centos, e mesmo algo máis. Milleiros".
Unha tradición que, lonxe de quedar atrás, sabe ir adaptándose e sobrevivir con diferentes formas.
"As monas grandes son caras, pero son as primeiras que se venden. Logo van as pequenas. Mira ti, a xente sacrifícase polos afillados".
E hai que sumar torradas, leite fritido... "Para a Semana Santa eu collo ósiños de santo", di un cliente.
Despois da Semana Santa pasada, chega esta con certas tradicións en boa forma.