CRTVG

Buscar

A Semana Santa de Viveiro poderase ver por Youtube con gravacións de anos anteriores

Publicado o 02/04/2020 14:11

Estas imaxes da Semana Santa de Viveiro non se repetirán este ano, pero si se poderán ver por Internet. Ante a imposibilidade de celebrar as procesións, a Xunta de Confrarías decidiu emitir pola súa canle en Youtube as gravacións de anos anteriores.

"Non podemos esquecer que a de de Viveiro é unha Semana Santa participativa, sentida, con moitos foráneos. Este vanse reproducir gravacións que temos no arquivo da Xunta de Confrarías de Viveiro e de colaboradores como Horacio Albo ou Rafa Rivera, que de forma voluntaria traballan para este arquivo da Semana Santa", di Mari Carmen López 'Chipe', presidenta da Xunta de Confrarías de Viveiro.

Son, en total, quince as procesións que se van emitir. Entre elas, figuran algunhas das máis populares, como son a do Santo Encontro ou a do Desencravo. Cada unha emitirase o día e a hora que lle correspondería segundo o programa deste ano.

"Esta Semana Santa ímola vivir dunha maneira especial dentro do que as circunstancias nos permiten. Tomamos a decisión de transmitir a través da canle de Youtube da Semana Santa de Viveiro todas as procesións nas datas en que tiñan que saír segundo o programa que xa estaba editado e repartido".

A primeira das procesións da Semana Santa de Viveiro que se poderá ver por Youtube será a da Virxe das Dolores, este mesmo venres ás nove e media da noite.

Noticias web

02/04/2020