A Semana Santa de Ferrol, con reposicións a través das redes sociais
Ferrol terá que vivir estes días do recordo de imaxes coma estas de anos anteriores.. Porque aquí tamén se vai vivir a Semana Santa de maneira diferente, en recollemento, si... pero sen saír da casa. E para compensar o que isto supón, a Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades vai botar man das redes sociais dende este Domingo de Ramos, ata o próximo de Resurrección.
César Carreño, Presidente da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades de Ferrol: "Todos aqueles que queiran seguir a Semana Santa de Ferrol, poderán facelo a través do Facebook da Xunta Xeral de Confrarías, onde todosos días poñeremos unha procesión á hora que tiña que saír"
E non só procesións... porque a través das redes tamén se van difundir outras iniciativas. As bandas de música tamén difundirán vídeos interpretando música confrade. E ata se organizou un trivial moi especial, onde os participantes teñen que adiviñar a que terzo corresponde cada hábito.
Este ano é o que toca, pero unha vez superadas as medidas de confinamento, non se desbota poder compensar a cidadanía
César Carreño, presidente da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades de Ferrol: "Veremos como marcha todo, e quizais en setembro poderiamos estudar a posibilidade de facer unha procesión magna ou extraordinaria"
E se non é posible, a Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades seguirá traballando coa vista posta xa na celebración do vindeiro ano.