CRTVG

Buscar

Bos días

A semana que vén sae ao mercado a primeira cervexa con sabor a pemento de Padrón

Publicado o 03/10/2017 10:04

Cervexa de pementos de Padrón. Escoitaron ben. É o primeiro dos proxectos artesanais dunha liña de cervexas que terá como protagonistas os produtos da terra. Sairá ao mercado a vindeira semana, nunha edición limitada da que só se envasarán 16.000 botellas.

Divertida, sorprendente e picante... asi definen, os que a probaron, a nova cervexa de pementos de Padrón que hoxe, e non por casualidade, se presentou no convento de monxes franciscanos de Herbón.

Trátase da primeira dunha liña de cervexas estacionais que se irán presentando progresivamente e que terán como factor común o emprego de produtos 100% galegos.
 
Esta cervexa, da que só se envasará unha edición limitada de 16.000 botellas, sairá ao mercado a vindeira semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

03/10/2017