A semana comeza cunha baixada pronunciada dos casos activos (-465)
• Os contaxios diarios baixan ata os 798, por debaixo do milleiro
• Sanidade notifica a morte dunha muller de 89 anos no CHUO
• Case un cento de hospitalizados pola covid na área da Coruña-Cee

Hoxe é o cuarto día consecutivo de baixada dos casos activos en Galicia, que se sitúan nos 16.824. Con todo, na tarde do luns, Sanidade notificou a morte dunha muller de 89 anos que fora diagnosticada coa covid. Faleceu no CHUO e tiña patoloxías previas. En Galicia xa son 2.494 as persoas que perderon a vida no que vai de pandemia.
Tamén diminúen as PCR positivas, que baixan ata as 798 (-244). Neste ámbito, a área sanitaria da Coruña segue sendo a que máis probas positivas agrupa: 316.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 4.098 (-177)
A Coruña: 4.619 (+48)
Pontevedra: 2.109 (-77)
Santiago: 1.804 (-115)
Ourense: 1.275 (-37)
Lugo: 1.914 (-101)
Ferrol: 1.005 (-6)
Con respecto ás hospitalizacións en planta, estas aumentan (+15), elevando o número a 286 persoas, mentres que as hospitalizacións en UCI seguen igual que na xornada anterior: 55 persoas en coidados intensivos.