A selección galega feminina, campioa de Europa de fútbol gaélico
Publicado o 12/08/2018 22:57
O que van ver e escoitar é a euforia dunhas campioas. Son as xogadoras da selección galega de fútbol gaélico. Acaban de proclamarse Campioas de Europa en Lorient. Gañaron a Francia na prórroga por 28-24. A selección masculina foi subcampioa. Neste caso perderon ante Francia por 15-10.