CRTVG

Buscar

A selección feminina derrota a Italia na final da Copa Chipre

Publicado o 08/03/2018 16:54

No ambito feminino a selección española, con Mari Paz Vilas a futbolista vilagarcía no equipo, conquistou a Copa Chipre.

España superou a Italia por dous-cero. Os dous tantos na estratexia. Despois de saques de esquina. Amanda Sampedro comezou a demostrar que España era moi superior a Italia e despois Patri Guijarro logrou o tanto da tranquilidade.Para o combinado que dirixe Jorge Vilda o triunfo sinala o camiño para preparar os duelos clasificatorios pensando no Mundial de Francia. Iso será en abril e os contrincantes as seleccións de Finlandia e Austria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018