CRTVG

Buscar

A selección española quere que Messi xogue no amigable desta noite

Publicado o 27/03/2018 10:06

Hoxe xoga a selección española de fútbol. Tras empatar coa vixente campioa do mundo, Alemaña, os de Lopetegui mídense agora coa subcampioa.

España e A Arxentina xogan no Wanda Metropolitano. 40.000 persoas presenciaron onte o último adestramento. A probable reaparición de Leo Messi marca o amigable. Todos queren o mellor xogador do mundo no campo e Lopetegui gabou as vantaxes de prepararse para a cita mundialista cun rival como A Arxentina. 

Sampaoli: "Leo está ben"

Pois o seleccionador arxentino confirmou que Leo Messi está ben, así que o dianteiro ten moitas posibilidades de xogar esta noite. O dez, que non disputou o anterior amigable fronte a Italia, adestrouse estes días con normalidade. Sampaoli tamén gabou a selección española, dixo que é das mellores do mundo. 

Del Bosque analiza en Vigo a situación da selección

O ex-seleccionador español Vicente del Bosque estivo onte á tarde en Vigo nun acto organizado pola Federación Galega de Fútbol. Alí coincidiu con Unzué e co adestrador da Ponferradina, Rubén de la Barrera, entre outros persoeiros. Preguntado polo estado do grupo que dirixe Lopetegui, Del Bosque asegura que non é tempo de queixarse e que se recuperaron as boas sensacións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2018