CRTVG

Buscar

A selección española de fútbol volve depender de si mesma para estar no mundial de Qatar

Publicado o 09/09/2021 10:09

España gañoulle 0-2 a Kosovo e Grecia derrotou a Suecia 2-1

España volve depender de si mesma para acabar como primeira de grupo e obter ese billete directo para o mundial de Qatar.

Déronse onte as dúas circunstancias que benefician a España: que a selección gañase o seu encontro en Kosovo e que Suecia perdera en Atenas.

E así foi. España adiantouse no marcador con este gol e Fornals no minuto 32. A partir de aí, a selección sufriu en Pristina. Foron os mellores minutos de Kosovo, que atopou sempre en Unai Simón un valado. O gardameta do Athlétic foi decisivo. España non puido resolver o partido ata o minuto 88, con esta acción individual de Ferrán Torres, que resolve desde a frontal da área.

A falta de dous partidos, España volve liderar o grupo. Luis Enrique recoñece que o partido de onte non foi nada fácil:

"Sufrín igual na primeira parte que na segunda, estivemos imprecisos, foi un grande alivio o segundo gol", comentou o seleccionador.

Noticias web

09/09/2021