CRTVG

Buscar

España vai xogar a final do Europeo de balonmán contra Croacia

Publicado o 24/01/2020 22:17
España vai xogar a final do Europeo de balonmán contra Croacia

A selección española de balonmán derrotou por 34-32 á de Eslovenia e este domingo en Estocolmo enfrontarase contra a de Croacia na final do Europeo, na que tratará de revalidar o título.

Excepto no arranque, o equipo de Jordi Ribeira sempre tivo o partido baixo control e ao descanso xa dominaba por cinco tantos de marxe (20-15). Na segunda parte os hispanos mantiveron cómodas rendas, ata que a falta de pouco máis dun minuto os eslovenos achegáronse a só un tanto (33-32). Un tanto de  Dujshebaev a falta de dez segundos selou a vitoria española.

A deste domingo será a sexta final continental para España. Perdeu as de 1996, 1998, 2006 e 2016, e impúxose na de 2018 para lograr o seu primeiro título. Croacia xogará a súa terceira final (despois das de 2008 e 2010) en busca da súa primeira coroa europea.

O combinado balcánico gañoulle tras dúas prórrogas a Noruega por 28-29.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí