CRTVG

Buscar

A selección española de baloncesto tomba a Arxentina e pasa á seguinte rolda

Publicado o 29/07/2021 15:51

O domingo xogará contra Eslovenia polo primeiro posto

A selección española de baloncesto tomba a Arxentina e pasa á seguinte rolda

A selección olímpica de baloncesto da que forma parte o galego Alberto Abalde gañou hoxe a Arxentina por 81-71 e xa está clasificada para os cuartos de final.

O domingo xogarán polo primeiro posto do grupo contra a Eslovenia de Luka Doncic.

Hoxe o xogador ferrolán gozou de menos minutos que noutros partidos. Participou nun total de 8:20 no que conseguiu un rebote.

Noticias web

29/07/2021