CRTVG

Buscar

A selección española de baloncesto feminino fai historia ao gañar dous europeos consecutivos

Publicado o 08/07/2019 22:15

Segundo Europeo consecutivo para a selección española de baloncesto feminino. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, deulle os parabéns á selección española de baloncesto feminino
Acadaron o seu segundo Europeo consecutivo. Un fito que non se albiscaba desde había 28 anos, cando a antiga Unión Soviética gañara 17 europeos consecutivos. Entre as xogadoras salientamos a galega Tamara Abalde e a base Laia Palau. Atendan ao dato. Coa medalla de onte supera en metais unha lenda como Pau Gasol e convértese na xogadora de baloncesto con máis medallas no panorama nacional.

Noticias web

08/07/2019