CRTVG

Buscar

A selección española adéstrase en Alacante con vistas ao Mundial

Publicado o 05/10/2017 21:49

A selección española de fútbol prepara en Alacante o encontro deste venres fronte a Albania.

Sesión tranquila a desta tarde, semella que as palabras de Piqué serviron para calmar os ánimos. Partido importante o de mañá, clasificatorio para o Mundial de Rusia. De gañar España selaría o seu pase virtual ao Mundial. As baixas obrigarán a Lopetegui a facer cambios no 11 e poderían dar minutos a Iago Aspas. Contaxiado polo ruído que envolve estes días o conxunto nacional, o partido xerou moita expectación na cidade. As entradas están esgotadas.

Hoxe falou Sergio Ramos, que intentou poñer algo de cordura na polémica xenerada arredor de Piqué. Dixo o capitán que foi un erro mesturar deporte e política, e que cómpre impoñer o ben común.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/10/2017