CRTVG

Buscar

A selección de Raquel Carrera debuta cunha sufrida vitoria diante de Corea

Publicado o 26/07/2021 07:53
A selección de Raquel Carrera debuta cunha sufrida vitoria diante de Corea

Triunfo moi pelexado da selección feminina de baloncesto diante de Corea (73-69) na estrea da ourensá Raquel Carrera (19 anos) nuns xogos olímpicos. Carrera achegou 2 puntos e 1 rebote nos case 10 minutos que estivo na pista. Tamara Abalde foi a única das doce que non tivo minutos.

O primeiro tempo foi de dominio asiático coas españolas incapaces de marcar o seu ritmo de partido. Ao descanso chegouse cunha desvantaxe mínima (33-35). A igualdade mantívose no terceiro cuarto e só no último período foron quen de rachar o partido as de Lucas Mondelo cun parcial de 12-0 para poñerse cun 66-53. Nos últimos segundos achegáronse as coreanas, pero sen facer perigar o triunfo español. O xoves o rival será Serbia.