CRTVG

Buscar

A Seguridade Social négalles a xubilación anticipada ás redeiras

Publicado o 09/04/2019 20:48

Pedían que se lles recoñecese a dureza do seu traballo e que ese recoñecemento incidise nas condicións de xubilación. Tecnicamente fálase dos coeficientes redutores que lles permitirían xubilarse de maneira anticipada baseándose no penoso e nas condicións do seu traballo.

A Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social desestima o inicio dos trámites para lograr o obxectivo do colectivo porque, responden literalmente, "non hai inidicos de elevados incrementos nas taxas de mortalidade e morbilidade debidas á realización do traballo das redeiras". No sector lembran, ademais, que non sector das actividades pesqueiras, son só elas as únicas que aínda non teñen recoñecido o coeficiente redutor. Dicimos elas porque a profesión está conformada case exclusivamente por mulleres.

As redeiras galegas están indignadas. A Seguridade Social négalles a xubilación anticipada que lles prometeu. Argumenta que ningunha delas morreu cosendo aparellos. Elas lembran que a profesión é dura dabondo para poder retirarse antes dos 67 anos.

Noticias web

09/04/2019