CRTVG

Buscar

A Seguridade Social abre o prazo para solicitar o ingreso mínimo vital

Publicado o 14/06/2020 20:25
A Seguridade Social abre o prazo para solicitar o ingreso mínimo vital

Ábrese o prazo para solicitar o ingreso mínimo vital, a nova prestación que pretende reducir o nivel de pobreza e favorecer a inclusión social e laboral dos seu beneficiarios.

As solicitudes deben realizarse na sede electrónica da Seguridade Social e, cando a situación sanitaria o permita, nos centros de atención e información. As que se presenten nos tres primeiros meses serán recoñecidas con efecto retroactivo dende o 1 de xuño. 

Ter entre 23 e 65 anos e residencia en España dende hai un ano, son algúns dos requisitos pero hai excepcións coma en casos de violencia de xénero. Valoraranse os ingresos do ano anterior, excepto nas situacións de vulnerabiliade xeradas pola pandemia.

A prestación será recoñecida de oficio a case 75.000 familias con menores a cargo. Oscilará entre os 460 euros ao mes para fogares unipersoais e algo máis de 1.000 para os núcleos de cinco membros.