CRTVG

Buscar

A seguridade do transporte escolar a exame

Publicado o 05/02/2020 14:40

Un son advirte de que un autobús vai dar marcha atrás. Que funcione de xeito adecuado é clave para evitar accidentes, e máis no caso do transporte escolar, onde os sinistros máis numerosos son os atropelos, e case sempre ás portas dos colexios por despistes ao subir ou baixar do vehículo.

E para conseguilo, a Policía Local de Poio iniciou unha campaña de control que ten como obxectivo verificar que os autobuses e taxis que realizan transporte escolar teñen a documentación en regra, que os seus condutores gardan os tempos de condución e descanso e que os vehículos cumpren con todos os requisitos técnicos e de seguridade que marca a lei.

Estas campañas axudan á prevención de sinistros, non obstante é imprescindible completalas con formación vial para os pequenos e as súas familias.

Esta é unha campaña impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico que periodicamente desenvolven as policías locais dos diferentes concellos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/02/2020