CRTVG

Buscar

A segunda vaga da covid-19 avanza polas grandes potencias europeas

Publicado o 28/08/2020 16:52

A segunda vaga da pandemia percorre Europa, con España á cabeza dos contaxios, pero coas grandes potencias tamén moi afectadas. Alemaña, Francia ou Italia están por detrás de España en canto ao número de contaxios, pero tamén amosan cifras moi importantes.

En Alemaña achéganse xa aos 250.000 infectados e tanto en Francia como en Italia esa cifra está preto dos 300.000.

O Reino Unido é outro dos países dentro de Europa que están moi infectados. En Francia as autoridades están moi preocupadas porque non se vía unha cifra semellante de contaxiados desde maio, polo que acaban de impoñer o uso obrigatoria da máscara nas rúas de París e a súa zona metropolitana.

En Alemaña, a chanceller Angela Merkel di que os meses que veñen van ser aínda máis complicados e vén de estender a prohibición de grandes celebracións no exterior ata finais de ano. Todo para controlar unha segunda vaga que xa afecta as economías de toda Europa.

Noticias web

28/08/2020