CRTVG

Buscar

A Segunda B achégase a un momento decisivo na G2

Publicado o 13/02/2021 13:54

A Segunda B entra no tempo de desconto e obriga os equipos galegos a expremerse. A semana estivo marcada polas remudas a todos os niveis. A días de recibir o Guijuelo en Riazor, o Deportivo substituíu o seu consello directivo por completo. O revulsivo que o club persegue no institucional agarda tamén resultados no campo. Xa son sete xornadas sen gañar e cinco sen marcar.


Rubén de la Barrera., adestrador do R. C. Deportivo: "Síntome moi preto de ser mellor que o rival. E digo isto cando absolutamente nada me dá a razón".

O duelo de Riazor arranca ás cinco da tarde. Ás sete o Racing de Cristóbal Parralo visita o Compostela. Os ferroláns, cun partido menos, inician nova etapa cun obxectivo claro.

Cristóbal Parralo, adestrador do Racing Club Ferrol: "Gañar este domingo e volver gañar o que vén. Non queda outra. É unha competición moi comprimida, quedan poucos partidos. Hai que ser positivos e crer que o equipo pode conseguilo".

Entrementres, os de Iago Iglesias seguen sumando enteiros para disputar a fase de ascenso. O Compostela observa os movementos do rival no banco dende a terceira praza e con tres puntos de vantaxe.

Iago Iglesias, adestrador da S. D. Compostela: "Xogador por xogador, home por home e liña por liña é un equipo cun potencial enorme. Non imos descubrilo agora. Chama a atención que fagan este cambio e que o fagan a metade de semana".

Iago Iglesias recupera a Bicho pero perde a Gabri Palmás, en corentena por ser contacto estreito dun positivo pola covid.

Noticias web

13/02/2021