CRTVG

Buscar

A secretaria xudicial que fuxiu pola azotea tras os rexistros do 1-O: "Tiven medo"

Publicado o 06/03/2019 15:49

A Fiscalía fixa o inicio da violencia do procés nunha data, o 20 de setembro de 2017, cos rexistros na Consellería de Economía. O testemuño da secretaria xudicial, que hoxe declarou sen cámaras, describe o relato dun asedio por parte dos manifestantes.

Ás nove da noite, rematado o rexistro, sen case comer e sen cobertura de móbiles, intentan negociar con Jordi Sánchez e Jordi Cuixart a saída da comitiva. A secretaria solicitou saír en helicóptero, pero a solución final chegou tras unha chamada do xuíz instrutor ao maior Trapero.

A letrada trasladou despois un informe sobre os incidentes, antes de coller unha baixa laboral polo estrés sofrido no rexistro.
 




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2019