CRTVG

Buscar

A secretaria xudicial atrapada no rexistro do 20-S declara que tivo medo

Publicado o 06/03/2019 20:54

"O tribunal acorda que se evite a difusión da imaxe da seguinte testemuña".

Montserrat del Toro, a secretaria xudicial que participou o 20 de setembro no rexistro da Consellería de Economía da Generalitat, non quixo que gravasen a súa imaxe declarando no xuízo. Con moitos dos acusados sentados detrás dos seus avogados, esta testemuña contou que a preocupación vivida durante aquel día cambiou ás nove da noite, cando viu a cantidade de xente que había fóra concentrada. 

"Aquilo era un tumulto de xente e entón era absolutamente imposible saír pola rúa, non se podía transitar pola rúa". "Cando fixen un comentario, ben, pois se non podemos saír pola rúa que veña un helicóptero, refírome aos axentes de policía, pensaron que eu estaba de broma e non, eu díxeno moi en serio".

A policía desestimou a petición pola cantidade de antenas que había na azotea. A secretaria xudicial rexeitou as tres ofertas de saír custodiada entre a xente que lle fixo o tentente da Garda Civil tras negociar cos Jordis porque non garantían, dixo, a súa seguridade. Finalmente a secretaria xudicial pediulle axuda a un maxistrado. 

"Tes que sacarme de aquí, non podemos saír pola porta principal e non hai opción, non hai saída".

O maxistrado ordenoulle ao maior Trapero que a sacase de alí. Ás doce da noite puido saír camuflada cun mosso de paisano a través dun teatro próximo á consellería.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2019