CRTVG

Buscar

A seca e a saraiba minguan a colleita de olivas en Galicia nun ano que se prevía moi bo

Publicado o 12/10/2017 21:05

Queda menos dunha semana para que se comece a recoller a oliva e os produtores calculan que a colleita non será tan boa como esperaban. A seca fixo estragos tamén nos olivos, e minguou a producción nun ano que prevían espectacular. 

Nalgunhas fincas de oliverias coma esta de Barbadás nótanse os efectos da seca nas olivas pero tamén da saraiba. 

"A nivel xeral en toda Galicia a seca mermou moito a produción, resumindo estamos ante unha produción media baixa".

Nas máis afectadas os produtores falan dunha merma de case o 40 por cento. Malia todo, aseguran, é posible que se chegue ao total de quilos que se recolleron o ano pasado. Din os expertos que dun ano a outro medra e moito o número de oliverias en produción.

"As leiras produtivas do ano pasado estarán entre un 30 e un 50 por cento pero se lle suma a porcentaxe de plantacións en crecemento ata chegar a mesma cantidade de produción pero con máis árbores en produción", di o técnico Rubén Gutíerrez.

Cada vez son máis os produtores de oliveiras en Galicia, na asociación xa son case un cento de socios que pretenden conseguir unha denominación de orixe para obter un aceite totalmente galego.

"Estamos buscando a denominación de orixe protexida para o noso aceite para poder defendelo amparado dende a administración".

A recollida da oliva comezará a semana que vén, un mes antes do previsto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017