CRTVG

Buscar

A seca ameaza o desenvolvemento do millo

Publicado o 31/07/2020 17:03

Cada ano seméntanse máis de 70.000 hectáreas de millo en Galicia, e delas só unha porcentaxe moi pequena ten rega. Aínda que gusta da calor, a falta de auga desde hai máis dun mes está a limitar o seu crecemento.

Esta seca no comezo do cultivo favoreceu o desenvolvemento de pragas e malas herbas.

Un dos momentos en que o millo pide auga é agora, na floración, cando bota a candea, o que influirá no desenvolvemento das mazarocas.

A chegada de chuvia nos próximos 15 días podería aliviar un pouco a situación. Unha chuvia que de momento non aparece nas previsións, pero pola que os agricultores agardan como auga de maio en agosto.

Noticias web

31/07/2020