CRTVG

Buscar

A SEAT comeza a fabricar respiradores co motor dun limpaparabrisas

Publicado o 30/03/2020 20:55

Moitas empresas españolas do sector da automoción empezan a reconverter a súa actividade industrial habitual para producir material sanitario. A SEAT dedica desde hai días unha das liñas de produción da súa factoría de Martorell á fabricación de respiradores automáticos para hospitais. Usan o motor dos limpaparabrisas. Os aparatos conteñen 80 compoñentes electrónicos e mecánicos. 150 empregados da SEAT traballan neste proxecto de xeito voluntario. "A motivación de todas as persoas que viñemos a participar neste proxecto é axudar da maneira que sabemos nós, que é fabricar en serie un equipo que poida chegar a salvar vidas", dixo Nicolás Mora, membro da área de produción da SEAT

Cada respirador pasa un control de calidade con esterilización de luz ultravioleta. Piden a colaboración de empresas que fabriquen membranas e válvulas para seguir coa súa produción de respiradores.
 

Noticias web

30/03/2020