CRTVG

Buscar

A saúde de moitos galegos reséntese cos cambios de tempo bruscos desta primavera

Publicado o 11/06/2019 14:16

Dos 25 graos e xornadas solleiras de praia de hai só unha semana a roupa de abrigo e paraugas. Contrastes de tempo que afectan a nosa saúde causando unha prolongación dos malestares propios do inverno.

"De novo outro pico. É como que o inverno acabou pero volveu retomarese. Entón otra vez moito moco, dor de cabeza, de gorxa, outra vez un pico grande", di Helena García, farmacéutica.

"A garganta, eu collín frío hai 20 días e estou aí arranca, arranca, arranca, cunha moqueira tremenda e non a dou botado fóra". "Claro que me afecta, porque eu son asmática, entón claro que me afecta". "Dóeme a garganta, teño máis catarro", di a xente.

Malestar físico e tamén anímico. O cambio de tempo afecta e moito o estado de ánimo.

"Os ánimos estas desanimadísimo. A min baixaseme un montón, non sei ao resto da xente", "no estado anímico un montón, cansazo, fatiga...", di a xente.

Para combater o malestar, son moitos os que acoden á farmacia en busca de algún remedio. Outros optan por receitas máis tradicionais.

"Bebo simplemente".
"Liete con manteiga".

Remedios que axudan a levar as consecuencias duns contrastes térmicos que para os que sofren outras afeccións, como as alerxias, son un alivio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019