CRTVG

Buscar

'A Santa', de Asorey, retorna a Galicia despois de preto de 70 anos no Uruguai

Publicado o 04/11/2019 15:50
'A Santa', de Asorey, retorna a Galicia despois de preto de 70 anos no Uruguai

Despois de preto de 70 anos no Uruguai, chega a Galicia A Santa, a obra da que se sentiu máis satisfeito o artista Francisco Asorey. Así descubrían esta mañá a obra do cambadés na Cidade da Cultura.

Un acordo da Xunta coa Casa de Galicia de Montevideo permitirá incluíla na mostra 'Galicia, un relato no mundo', a partir do 14 de novembro. A provocadora escultura representa unha labrega galega espida que porta un xugo de vacas. Rompeu as convencións estéticas e políticas do seu tempo cando foi exposta, por vez primeira, no ano 1926.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/11/2019