CRTVG

Buscar

A Santa Compaña sae esta noite en Ourense

Publicado o 31/10/2019 21:27

A ameaza de chuvia non desanimou aos ourensáns que saíron á rúa para participar no desfile de cabazas. Co alumeado público apagado e coas cabazas, previamente baleiradas e enchidas de candeas, os participantes intentan asi alonxar os malos espiritos agora que entramos no tempo escuro do inverno.Pero a festa do samaín comezou horas antes cun obradoiro onde os monitores axudaban aos rapaces a elaborar unha cabaza o máis terrorífica posible, e tamén a pintarse.


Ao final os participantes acabaron convertendo a festa nunha especie de entroido, unha mestura entre samain e halloween.

A festa do samaín en ourense finaliza a media noite co coa procesión das ánimas. É a santa compaña que percorrerá as principais rúas da cidade coas luces apagadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019