A sanidade pública volveu ser o centro do debate con dúas propostas da oposición
Publicado o 28/05/2019 16:43
No Parlamento galego tocou hoxe xornada de votacións. A sanidade pública volveu ser o centro do debate con dúas propostas da oposición.
O BNG pediu modificar os Orzamentos deste ano e sumar case 300 millóns máis a Atención Primaria. Os cartos sairían de aumentar impostos como o IRPF, o de Patrimonio ou recuperando o de sucesións. Os socialistas tamén presentaron unha proposta de mellora, pero sen especificar de momento a cantidade necesaria.
Os populares galegos recordaron que a Xunta acaba de aprobar un plan de mellora da Atención Primaria con 200 medidas e máis de 100 millóns extra nos Orzamentos.
Máis sobre actualidade
18/01/2021 09:00