CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A Sangriña volve pór o traxe europeo

Publicado o 14/09/2018 15:22
E o Mecalia Guardés disputa esta fin de semana, mañá e pasado, os dous partidos da eliminatoria europea co Youth Unión de Chipre.
O Guardés, que na liga gañou os dous encontros xogados, afronta esta eliminatoria inicial da segunda competición europea en importancia. Se pasa, as rapazas de José Ignacio Prades mediríanse cun rival austríaco.