CRTVG

Buscar

A salvo os tripulantes do Noeta Primeiro tras quedar á valga a seis millas de Fisterra

Publicado o 12/11/2019 21:21

O pesqueiro Noeta Primero sufriu unha avería no temón e quedou á valga a seis millas do cabo Fisterra. A bordo iban catro tripulantes, que deron a alerta a Salvamento. O buque de rescate remolcounos ata o porto de Corcubión, nunha manobra que tardou varias horas, ao complicarse polo mal estado do mar. Todo quedou nun susto.

"Estabamos virando o aparello e quedamos sen goberno. O mar estaba moi malo e houbo que chamar a Salvamento Marítimo", explica Urbano Suárez, un dos tripulantes e patrón maior de Corcubión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/11/2019