CRTVG

Buscar

A salvo os catro espeleólogos portugueses que quedaran atrapados nunha cova cántabra

Publicado o 21/10/2019 19:47

Os catro espeleólogos portugueses aos que buscaban desde onte nunha cova de Cantabria conseguiron saír esta tarde sans e salvos. Durante o traxecto de saída da cova de Cueto-Coventosa, e despois de superar varias zonas de auga, estiveron acompañados por un médico e o equipo de rescate.

Os espeleólogos estaban atrapados desde onte pola tarde por culpa de suba do nivel da auga debido á forte chuvia caída durante todo o día. Están descansando xa cos seus familiares.

Noticias web

21/10/2019