CRTVG

Buscar

A Revista

A ruta das cetarias

Publicado o 26/07/2018 13:25

Se andan de visita pola zona da Guarda, estas son moi boas datas para facer a chamada ruta das cetarias.

É un percorrido moi sinxelo pola beira do mar no que se poden ver os restos de catro construcións moi antigas que servían para manter o marisco vivo de xeito sinxelo e respectuoso co medio natural.

Son, ademais, parte da memoria dun pobo que segue a ser radicalmente mariñeiro.












Esta é a cetaria que os veciños da Guarda chaman A Redonda.

Chámanlle así por razóns obvias; é a única con esa forma entre as catro estruturas de pedra orixinalmente destinadas a viveiros de marisco que se conservan a carón da vila.

Tamén é a que mellor resistiu o paso do tempo, se cadra porque aquí bate menos o mar ca onde se emprazan as outras tres.

Inserto... Manuel Pacheco.
Confraría da Guarda.
13.31 - 14.03.

Ademais da redonda, as outras tres cetarias tamén teñen nome: do Agrelo, do Portiño e Altiña.

O acceso é sinxelo.

Iso si, cómpre ir de marea baixa, porque é cando mellor se poden ver; mesmo por dentro, coas piscinas naturais e o sistema de aproveitamento do mar.

Inserto... Manuel Pacheco.
Confraría da Guarda.
15.14 - 15.49.

As catro dispoñen de cadansúa mesa explicativa para que os visitantes poidan saber máis.

Construídas na última parte do século 19, algunha estivo operativa ata os anos setenta do século 20.

Inserto... Manuel Pacheco.
Confraría da Guarda.
14.25 - 14.46.

Basicamente gardaban lumbrigantes, centolas, bois e lagostas.

Pero a lagosta aquí, na Guarda, é un caso á parte.

Inserto.. Manuel Pacheco.
Confraría da Guarda.
16.02 - 16.36.

A Guarda exportou lagosta durante décadas...

Había empresas que as enviaban vivas ás grandes cidades españolas.

Mesmo as teñen exportado a América.

...

A ruta das cetarias tén algo máis de catro quilómetros que se camiñan sen dificultade ningunha pola beira do mar.

A verdade é que, facendo bo tempo, abonda co aliciente das vistas, sen máis nada, para se animar a dar unha volta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

26/07/2018