CRTVG

Buscar

A rubia galega medra en produción cando fai un século da súa identificación

Publicado o 24/01/2018 15:03

A raza rubia galega está de dobre aniversario e nun momento de expansión produtiva e comercial.

39.000 exemplares censados, o 54% de toda a carne con indicación xeográfica que se produce en España ou máis de 200.000 doses de seme exportadas a paises de Europa e América. Son algunhas das cifras da Asociación de Criadores de Rubia Galega, ACRUGA, que neste 2018 fai 50 anos. No último exercicio rexistraron a incorporación de 64 novos gandeiros. A continua mellora do libro xenealóxico e o control diario da cabana conseguen desbotar os exemplares que poidan ser híbridos resultantes de cruzamentos con outras razas.

Os problemas que enfronta a rubia galega están vencellados ao despoboamento rural e ao pequeno tamaño das explotacións. Por eso, dende ACRUGA reclaman facilidades ás administracións para dispoñer de máis hectáreas para o gando e que se ofrezan boas condicións ás persoas que desexen incorporarse á produción. Nas vindeiras semanas sairán ao mercado as primeiras carnes co indicativo de procedencia Vaca e Boi de Galicia, que abrangue a todas as razas galegas. Dende ACRUGA reclaman tamén unha identificación propia dentro dese selo.

Noticias web

24/01/2018