CRTVG

Buscar

Usuarios da intermodal de Santiago atravesan a rúa sen empregaren os pasos de peóns

Publicado o 14/06/2021 14:50

A diario decenas de viandantes atravesan cada poucos minutos os catros carrís que unen os dous lados da rúa do Hórreo, unha estrada cun grande afluencia de tráfico.

Algúns mesmo prefiren agardar no medio da vía antes que andar escasos metros ata o paso de peóns máis próximo. 

Os usuarios da pasarela intermodal consideran que unha posible solución para evitar estas situacións tan arriscadas e perigosas sería poñer un paso de peóns xunto á saída.

E co fin de previr, aínda que polo de pronto descártase poñer un paso de peóns, colocarase un cartel no acceso da pasarela co que se informará aos usuarios da dirección obrigatoria que deben seguir agardando que con isto se poña fin a unha práctica tan perigosa. 

 

Noticias web

14/06/2021