A rúa debate sobre a linguaxe inclusiva
As recomendacións da RAE avalíanse na rúa. E hai quen pide máis para avanzar no debate da linguaxe inclusiva.
"Realmente si que é machista e podería cambiarse", di este mozo. "O que non estou de acordo", engade outro, "é en dicir só ministras".
E se hai que elixir: "Eu creo que non hai necesidade de empregar só o masculino. Realmente temos xéneros neutros", asegura unha moza. E coincide con ela este home que mantén: "Debería de ser ambiguo non?".
A pregunta "elas son alumnos?": "É costume", di esta moza."Si que me sinto identificada pero non deberíamos, non".
"E usar os dous xéneros? Eu véxoo necesario, basicamente porque non inclúe a todos, pero si que o vexo enleado".
E hainos que defenden a actual normativa, sen cambios.
Está claro, queda moito por debater.