A rotura dunha tubaxe anega un edificio de catro andares en Ferrol
Aínda co susto no corpo, Almudena amosaba os cuantiosos danos que a rotura dun manguito provocou nos tres andares e no baixo comercial do edificio da súa propiedade na rúa Manuel da Cal de Ferrol. Asegura que cando o sábado pola noite se deitou non sentiu ningún ruído que a alertara do que encontrou pola mañá.
"Foi coma un desastre. Cando o vin pola mañá cando espertei xa me atopei co panorama desolador completamente. Xa baixei duchándome, porque era todo goteo, era un goteo horroroso, e aquí na óptica igual, todo, todo, un horror", di Almudena Torrente, a propietaria do edificio.
A rotura produciuse no terceiro andar, onde esa noite non durmía ninguén. Ao tratarse dun inmoble antigo con chan de madeira, a auga filtrouse polo chan e provocou graves danos tamén nos teitos do resto de andares e do baxio comercial, onde acadou unha altura duns 10 centímetros que precisou da intervención dos bombeiros.
"Estaba a auga polo nocellos máis ou menos, o que se ve é o desatre, desastre ao ser pisos de madeira a escaiola humedécese e cae pa abaixo todo e xa ves. Aquí na óptica de momento a escaiola semella que agunta, pero xa ves como saltan as goteiras", di Almudena Torrente, a propietaria do edificio.
Malia que a avaría deixou o edificio sen luz nin auga, habilitaron unha fase para para que Almudena poida seguir na súa vivenda, situada no cuarto andar e que non quedou afectada pola auga. Tras o susto, está pendente agora de que os peritos avalíen os danos tanto no inmoble coma no material da óptica que ten no baixo.