A rotura do cráter do Cumbre Vieja provoca unha gran riada de lava
O volcán de Cumbre Vieja atravesa unha fase de plena actividade cando se cumpren 50 anos da entrada en erupción do Teneguía, na mesma illa da Palma. Os derrubamentos e explosións rexistrados no cráter favoreceron a expulsión de grandes cantidades de lava que discorre sobre as coadas anteriores cara ao mar. Unha nova rotura do cráter do volcán de Cumbre Vieja favoreceu a expulsión dunha gran cantidade de lava que discorre cara ao oeste por riba das coadas anteriores.
Segundo os expertos, a alta taxa diaria de emisións de dióxido de xofre e a intensa vibración que provoca o magma ao ascender á superficie indicarían que a erupción está nunha fase de máxima actividade. As outras dúas coadas máis importantes, a do sur e a que atravesa o barrio da Laguna, non rexistraron cambios significativos nas últimas horas.
Esta ralentización evitou que algún dos edificios máis ameazados quedase definitivamente sepultado. Desde a pasada medianoite, rexistráronse 36 sismos no sur da illa da Palma, un deles de magnitude 4,2 e co epicentro a 36 quilómetros de profundidade.